Nós é un proxecto inédito en Galicia que permitirá xerar os recursos dixitais e lingüísticos precisos para facilitar o desenvolvemento de aplicacións baseadas en Intelixencia Artificial (IA) e Tecnoloxías da Linguaxe (TL) tales como asistentes de voz, tradutores automáticos e axentes conversacionais en lingua galega.
O obxectivo central do proxecto é promover a presenza dixital do galego, garantindo que a nosa lingua non fique excluída dos novos desenvolvementos TIC, mediante a creación dunha ampla variedade de ferramentas e recursos de alta calidade que serán postos, de xeito gratuíto, a disposición de calquera institución, organización ou empresa que queira desenvolver un produto tecnolóxico, aplicación ou servizo que incorpore o galego. Deste xeito, ademais de garantir os dereitos lingüísticos das galegas e galegos no mundo dixital, tamén se contribuirá á modernización e dixitalización do ecosistema de empresas galegas e á creación de valor con novos produtos que empreguen a lingua galega.
Demostradores
Actualidade
O Proxecto Nós desprázase ata Brasil para participar na International Conference on Computational Processing of Portuguese (PROPOR2026)
Lúa Santamaría Montesinos e Saúl Buján Souto presentaron no congreso, que tivo lugar do 13 ao 16 de abril en Salvador de Bahia, a publicación "Improving Machine Translation of Idioms: A Spanish–Galician Parallel Dataset and Synthetic Augmentation Approach", en coautoría con Daniel Bardanca e Pablo Gamallo.
Ler máis
Actividade formativa de recollida e validación de datos de voz en galego
Esta actividade formativa, ofrecida polo Proxecto Nós en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e dirixida ao alumnado de grao da Universidade de Santiago de Compostela, presenta un percorrido teórico e práctico de 25 horas polas tecnoloxías da fala en galego.
Ler máis
Campaña de doazón de voz en galego
A campaña, que ten como obxectivo recoller voces para enriquecer o recoñecemento de voz en galego, xa está en marcha.
Ler máis